Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU denuncia arbitrariedades na entrega das placas de vado en Nigrán

EU denuncia arbitrariedades na entrega das placas de vado en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
pleno nigran preferntes 2013

Esquerda Unida denuncia ter coñecemento que o Concello de Nigrán nega a placa de vado a algúns veciños que pagan a taxa de entrada de vehículos a través das beirarrúas (Taxa de Carruaxes). Por iso presentaron unha alegación no período de exposición pública da ordenanza ca fin que todo veciño que pague a taxa teña dereito á placa de vado automaticamente. Alegación que foi aceptada pola UCN, promotora da modificación do regulamento, máis votada en contra polo gobernante PP na comisión de facenda celebrada o pasado mércores. Será o pleno do vindeiro xoves quen decidirá a aceptación ou non desta medida.

Alegación presentada

Esquerda Unida de Nigrán, a través do seu voceiro José Cuevas, presentou no rexistro do Concello, no período de exposición publica, a única reclamación contra a aprobación provisional, no pleno do pasado 28 de abril, da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para o exercicio 2015.
Reclaman "corrixir as desigualdades nas tarifas segundo o tipo de entrada que se trate, facéndoas mais xustas e equitativas, así como contemplando todos os casos posibles, debido as diferentes características das entradas de vehículos", sinala José Cuevas, portavoz da agrupación.
Agrega que tamén "se melloran aspectos da ordenanza referidos ao período impositivo e devengo así como as normas de xestión, ou cuestións como o de garantir o xiro en todo tipo de entradas".
Reclamo de placas para todos os contribuíntes.
Piden dende EU, que quen pague a taxa de entrada de vehículos a través de beirarrúas teña dereito á placa de vado automaticamente. Afirman ter coñecemento de persoas que teñen que pagar a taxa de entrada de vehículos a través de beirarrúas, ás que se lle nega a placa de vado. É por ilo polo que a súa alegación tamén vai encamiñada para evitar a posibilidade de que haxa veciños aos que se lle queira cobrar a taxa e ao mesmo tempo se lle negue a placa de vado permanente.
Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, estas negativas a conceder o vado a persoas que pagan a entrada de vehículos, "so poden pasar con este goberno municipal debido a súa pésima xestión".