Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Toneladas de "terra negra" da depuradora Coruxo terminan soterrados en Priegue.

Toneladas de "terra negra" da depuradora Coruxo terminan soterrados en Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

vista superior canteira

O colectivo ecoloxistas de A Ría Non Se Vende denuncia a obra de recheo efectuada na antiga canteira da Mámoa en Priegue con restos procedentes das obras da nova depuradora de Coruxo, e pon en dúbida que as actuacións cumpran coa tramitación legal necesaria.

O remate da obra foi inagurado polo alcalde de Nigrán e o concelleiro de Medioambiente que aseguraron que a obra conta con todos os permisos e co visto bo do "axente forestal", pese a que a semán anterior recoñeceu no pleno non saber nada.

Un verquido con historia "soterrada"

En novembro de 2011 os socialistas denunciaban ao goberno municipal (PP) por un punto de verquido irregular ao carón do río Muiños en Porto do Molle. Nunha finca particular acumulábanse electrodomésticos, neumáticos e entullo procedente de obras. Pese a que a leira onde se estaban procedendo aos verquidos era privada, o concello facía uso dela e camións municipais descargaban alí toda clase de lixo non organíco. 

Logo da denuncia os entullos e o lixo foron transportados en decembro de 2011 por medios propios do concello de Nigrán á antiga canterira da Mámoa en (Priegue), cunha superficie aproximada de 850 metros.  Por este motivo, o concello volve ser novamente denunciado por soterrar toneladas de lixo e entullo procedentes do outro vertedeiro de Porto do Molle, neste caso argumentando que só facilitaran maquinaria á comunidade de montes para facelo e que contaban con todos os permisos pertinentes.

Finalmente a canteira non foi tapada e logo da polémica o lixo quedou alí depositadao sin que concello nin comunidade de montes proceran ao seu tratamento a través dunha empresa autorizada. O tema tivo a súa trascendencia dado que entre a cantidade de lixo depositado polo concello atopárase documentación sen destruir da Mancomunidade do Val Miñor.

En marzo de 2013 novamente a maquinaria comeza a traballar retirando a capa vexetal que cubría a zona e continúanse permitiendo o recheo con entullo onde tamén ten cabida electrodomésticos e restos de calquera tipo.

O recheo con area e terra "negra" da depuradora de Vigo

Imaxe do recheo con terra procedente da depuradora

O pasado 21 de agosto, retómase o recheo, e centos de camións procedentes da depuradora de Coruxo descargan area e "terra negra" na Canteira da Mámoa, en Priegue. A terra presenta un cheiro particular a fecais, que de confirmarse as sospeitas do colectivo poden supoñer un perigo para os acúiferos da zona. O colectivo A Ría Non se Vende engade que a cantidade vertida supera a capacidade da canteira . Elévase entre 3 e 5 metros por riba do nivel superior da canteira orixinal, “cubrindo unha superficie moito maior, incluíndo unha vagoada que quedaba na parta de atrás da canteira”, e que agora se atopa totalmente soterrada.

Os denunciantes matizan que descoñecen se a composición do vertido “son lodos da propia depuradora, entullos da obra da depuradora nova que se está a construír na actualidade no mesmo lugar, ou ben ambas cousas, dado que o vertido de terra bota una cheiro a aguas fecais”.

Advirtem que as cargas chegan á canteira utilizando unha pista forestal “que teñen ancheado e compactado” para que podan pasar camións de gran porte.

O alcalde de Nigrán afirmaba non saber do tema.

Alcalde e concelleiro de Medioambiente cos membros da CM de Priegue | Imaxe Concello de Nigrán

No pasado pleno de Nigrán, do 25 de setembro, o representante do PSOE, Juan González, preguntou ao alcalde Alberto Valverde por estes feitos. O alcalde respondeu "creía que tiñan todos os permisos" pero que non sabía nada; que o Concello non outorgara licenza ningunha e que descoñecía a natureza do recheo. Versión que segundo o colectivo ecoloxista, contradí as declaracións do presidente da Comunidade de Montes de Priegue quen aseguraba “que contaba con todos os permisos pertinentes”, sinalan. Por riba, só un día despois, o venres 26 os ecoloxistas observaron como  “comezaron a chegar camións de terra limpa para tapar os lodos” como se aprecia na imaxe seguinte:

Os ecoloxistas lembran que segundo as normas urbanísticas vixentes de Nigrán, os desmontes, explanacións, escavacións e terrapleneados están suxeitos ao outorgamento de licenza municipal. Tamén calquera ampliación ou compactación de pistas forestais, ten que contar co permiso municipal correspondente. Algo que según as declaracións no pleno feitas polo alcalde, dende o concello non se emitiu informe algún.

Salvemos Monteferro interpón unha consulta ambiental ao concello

Informan que consecuentemente, a asociación de defensa medioambiental Salvemos Monteferro, presentou o pasado 26 de setembro no rexistro de entrada do Concello de Nigrán unha pregunta medioambiental, solicitando copia das licenzas outorgadas polo Concello de Nigrán para a realización deste vertido, así como para o ancheamento e compactación da pista forestal para chegar á canteira

“Se a composición destes vertidos son ou conteñen lodos da EDAR de Coruxo, entendemos que non foron inertizados por empresa ningunha, pois veñen directamente da EDAR, segundo constatou un conductor dun dos camións”, sinalan. “O fedor fai sospeitar que efectivamente son ou conteñen lodos da propia EDAR”

Perigo de posibles filtracións aos acuíferos da zona

O aterramento presenta unha cor negra e con cheiro a augas fecais. | Foto Vm.info

Advirten do perigo que isto supón para toda a poboación de Priegue “en canto a filtracións aos acuíferos da zona é evidente”. Engaden que as dimensións do vertido, ameaza no inverno, “se veñen choivas fortes, con arrastrar os lodos monte abaixo, poñendo en perigo as casas circundantes e aterrando e contaminando toda a zona afectada”.

Descoñecen se existe un plan, aprobado pola Xunta, para a rexeneración da canteira, aínda que, de existir, “sobrepasaría con creces o seu obxectivo, pois como indicabamos, a superficie afectada é moito maior que a que ocupaba a vella canteira” afirma o colectivo.

A comunidade de montes nega as acusacións.

En declaracións ao xornal Faro de Vigo, os comuneiros negan as acusacións e aseguran que "todo está en regra". O seu representante, Antonio Castro, asegurou dispor de autorización do Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural para levar a cabo o selado da canteira e dun informe favorable do axente forestal da zona. Garante ademais que non existe ningún perigo de contaminación. "Encargamos unha análise da terra e é idónea. Procede do desterre da ampliación, non dos residuos da propia depuradora", insiste, ademais de convidar a calquera veciño a consultar a documentación para comprobalo.

A única intención da comunidade de montes era arrombar a zona e evitar mesmo accidentes. "Antes había un buraco con cascallos", lembra. A entidade prevé plantar un centenar de castiñeiros e nogueiras nos próximos días. O alcalde e o edil de Medio Ambiente, Antonio Vidal, visitaron o espazo esta semana e anunciaron mesmo que a plantación se realizará como actividade educativa coa participación de escolares do municipio.

O SEPRONA investiga os feitos dende o pasado domingo.

VIDEO