Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde de Nigrán non presenta os informes ao pleno extraordinario e a cesión do PXOM queda enriba da mesa.

O alcalde de Nigrán non presenta os informes ao pleno extraordinario e a cesión do PXOM queda enriba da mesa.

Correo-e Imprimir PDF
pleno cesion

Máis de 3000 euros de gasto en dietas en apenas dúas horas de debate. Ese é o único balance que se pode extraer do pleno extraordinario "express" convocado polo alcalde de Nigrán para levar adiante unha moción sobre a cesión do contrato do PXOM logo de que o goberno municipal non entregase os informes xurídico e de tesourería comprometidos na comisión do pasado sábado.

O alcalde insistía hai uns días que os informes xurídico e de tesouraría non eran necesarios, e que a cesión do contrato contaba xa co informe de contratación. Aínda así, o goberno decide non levar a votación a súa moción e deixala sobre a mesa para o seguinte pleno.

O pleno convértese nun debate "caro", pero polo menos de gran afluencia de público logo do cambio horario dos mesmos.

A sesión do Pleno extraordinario  de Nigrán 

O pleno extraordinario de Nigrán para decidir a sesión do contrato do PXOM á empresa Eptisa rematou deixando o tema enriba da mesa. Era o único punto do día dunha controvertida sesión convocada de xeito urxente polo alcalde popular Alberto Valverde o pasado sábado na reunión da Comisión de Asuntos Xerais. Nela comprometeuse ante o resto dos grupos que ía presentar os informes xurídicos e económicos dos técnicos municipais para avaliar o que sería o único punto da orden do día: a cesión do contrato do PXOM. Mais cando comezou o pleno este xoves ás 8 da tarde, o alcalde non tiña os informes. O malestar da oposición e dos veciños asistentes era grande durante e despois da reunión, tanto polo incumprimento do compromiso como polo gasto de máis de 3 mil euros da sesión que deixou 2 horas de debate e ningunha resolución sobre o fondo do tema.

Juan González (PSOE): “Estou abraiado”.

 Ante a ausencia dos informes dos técnicos municipais o PSOE propuxo o acordo de deixar o tema para o próximo pleno ordinario do mes. Medida que foi apoiada cos 6 votos da súa agrupación e acompañada polo edil da UCN e do BNG. Os 8 concelleiros do PP e mais o non adscrito Ignacio Vilas optaron pola abstención deixando aprobado o acordo.

“Estou abraiado” manifestou Juan González, portavoz dos socialistas rematado o pleno. “O alcalde non só non cumpre o acordado na comisión do sábado (traer os informes), senón que ademais quería aprobar a cesión do documento do PXOM sen eles”, engadiu. Consultado, sinalou que a agrupación socialista non tomará resolución sobre o punto ata tanto non sexan presentados os devanditos informes. “Non entendemos como o alcalde puido presentarse ao pleno sen traer os informes que el mesmo votou en comisión”, sinalaba. “A súa abstención na moción de acordo o delata”.

José Cuevas (EU): “Despilfarro”.

Entre a concorrencia que encheu a sala de plenos de Nigrán, estaba o coordinador de Esquerda Unida, José Cuevas. Manifestou a súa preocupación polo feito que o propio alcalde sinalara que a cesión do contrato levará a posteriori unha modificación para dotar con 60 mil euros máis á nova empresa para traballos adicionais. Modificación contractual que obrigará a máis informes avaliativos da operación e debates plenarios. Cuevas entende que ao igual que o manifestado dende UCN e o BNG, a actual redacción do PXOM agocha “tanta deficiencias técnicas” que o mellor sería rescindir coa actual titular (UTE Arnaiz) e comezar un novo concurso .

En canto a ausencia dos informes, Cuevas cualificou como un novo “despilfarro” do alcalde, o ter convocado un pleno extraordinario sen os mesmos.