Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciños de Chandebrito conseguen melloras para a canalización de pluviais na Estrada de Pracíns.

Veciños de Chandebrito conseguen melloras para a canalización de pluviais na Estrada de Pracíns.

Correo-e Imprimir PDF
IMG 0015
IMG 0016
IMG 0003
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Despois das peticións e xestións realizadas pola Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", a Deputación de Pontevedra adxudicou a obra de mellora das cunetas da estrada provincial de Vincios a Nigrán, na que se inclúe o tramo da Estrada de Pracíns, en Chandebrito.

 Segundo informa a asociación a obra, prevista para novembro deste mesmo ano; ten como obxectivo a correcta canalización das augas pluviais para favorecer a conservación da estrada e evitar molestias e danos a vehículos e peóns que circulan por este.