Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Circulo Podemos Nigrán instalará este sábado postos informativos na Ramallosa.

O Circulo Podemos Nigrán instalará este sábado postos informativos na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

Este sábado 25 de Outubro a partir das 16:00 todos aqueles veciños que veñen participando no Círculo de Podemos Nigrán saen á rúa, co obxectivo de informar a todas aquelas persoas interesadas en coñecer e participar no proceso constituínte da formación. Para iso, o Círculo de Nigrán instalará unhas mesas informativas, que estarán situadas entre o parque infantil de Ramallosa e a Ponte de Sabarís.


Actualmente Podemos esta inmerso nun proceso para establecer as bases da súa organización, no cal círculos de toda España e diferentes partes do mundo, presentaron unha serie de borradores, de como queren constituírse.
Unha vez finalizado o proceso constituínte como forza política, Podemos levarase a cabo unha serie de actos a nivel municipal para darse a coñecer e continuar buscando a participación da cidadanía en temas políticos.
O obxectivo, sinalan, é crear unha formación aberta onde calquera persoa poida participar, sempre e cando acepte os compromisos éticos e organizativos que se aproben como resultado destas votacións, tales como primarias abertas, revogabilidade dos cargos e loita contra a corrupción, así como limitación salarial dos cargos políticos.
Neste momento o Círculo de Nigrán se está reunindo todos os martes ás 20:00 na Porqueira, da Asociacion de veciños de Panxon/Monteferro,