Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os grupos políticos de Nigrán comprométense a presentar a contabilidade das dotacións económicas recibidas do concello.

Os grupos políticos de Nigrán comprométense a presentar a contabilidade das dotacións económicas recibidas do concello.

Correo-e Imprimir PDF

Os grupos políticos de Nigrán comprometéronse a entregar a contabilidade específica correspondente ás dotacións económicas recibidas do concello no ano 2013. O fixeron no transcurso do pleno deste xoves ao contestar unha reclamación presentada con ese obxectivo por EU ás Contas Xerais. A reunión de portavoces de decembro instrumentará as formalidades a cumprir para que o pleno as solicite formalmente, como ordena a lexislación vixente.

"Será a primeira vez que isto ocorra en Nigrán", salienta José Cuevas, voceiro de EU. Nese senso, manifestou que a súa agrupación (sen representación na corporación), estará "vixiante" a que o tema sexa tratado e instrumentado segundo o comprometido na sesión.

O PSOE de Nigrán por outra parte, sinalaron durante o pleno que xa presentaran as súas contas.