Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG solicita que CESPA presente as facturas que acrediten o cumprimento do investimento ao que viña obrigada en Nigrán

O BNG solicita que CESPA presente as facturas que acrediten o cumprimento do investimento ao que viña obrigada en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Xabier Rodirguez portavoz do BNG de Nigran

A empresa CESPA aínda tería pendente unha inversión de 72.057 euros á que estaba obrigada polo Plan de Investimento 2013 co Concello de Nigrán. A cifra xurde da documentación aportada pola empresa a solicitude do pleno municipal, segundo informa Xavier Rodríguez, portavoz do BNG. Os nacionalistas instarán á alcaldía a esixir que a empresa concesionaria aporte os albaráns, facturas e demais documentos xustificativos "para poder acreditar os investimentos globais que a empresa manifesta ter feito, así como a procedencia dos prezos unitarios dos mesmos".


No pasado mes de agosto, o BNG presentou unha iniciativa para que na Comisión Informativa correspondente se analizase o estrito cumprimento do Plan de Investimentos do 2013 ao que estaba obrigada CESPA na súa condición de concesionaria do servizo de recollida do lixo.
A resultas desa petición, iniciouse un expediente de comprobación que a día de hoxe arroxa, basicamente, por unha banda, "e aínda dando por boas as propias informacións de CESPA", segundo Rodríguez, constátase xa un desfase respecto da inversión total a realizar de 72.057 euros, que estarían aínda pendentes de materializarse.
Por iso o BNG de Nigrán solicitará no Pleno, que o alcalde, esixa a CESPA a presentación de "toda canta documentación sexa precisa para a xustificación do gasto. Algo que no BNG lamentamos que teña que ocorrer a raíz dunha iniciativa nosa, cando debería ter sido feita dun xeito natural de oficio", sinala o portavoz nacionalista.