Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O pleno de Nigrán debaterá a xustificación das asignacións económicas aos grupos municipais.

O pleno de Nigrán debaterá a xustificación das asignacións económicas aos grupos municipais.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida considera positivo que no pleno que se vai a celebrar este xoves 18 de Decembro se leve na orde do día a xustificación das asignacións económicas aos grupos municipais
Lembra que este debate prodúcese como consecuencia da reclamación que EU presentou á conta xeral do concello do ano 2013, onde denunciaba que non figuraba ningún documento de contabilidade específica así como tampouco de facturas dos gastos dos grupos municipais a efectos do seu coñecemento por parte da cidadanía e da súa fiscalización e posta a disposición do pleno municipal.


EU sinala que "vixiará que o aprobado no pleno non se limite a un acto propagandístico como a publicidade das declaracións de bens". O voceiro José Cuevas, sinala que tres anos de denuncias de falta de transparencia que está facendo a súa agrupación," empezan a dar pequenos resultados, a pesar da falta de vontade política por facer unha unha xestión transparente en Nigrán"
Acusa de falta de vontade na transparencia "que se ve reflectida no incumprimento tanto polo actual alcalde, como polo anterior, do o acordo plenario do 27 de xaneiro de 2010, en materia de publicidade do rexistro de intereses dos concelleiros de Nigrán, tanto polo actual alcalde, como polo anterior".
Engade que en dito pleno aprobáronse os modelos de declaracións de actividades e bens patrimoniais dos concelleiros de Nigrán, conforme se indica no artigo 75.7 da lei reguladora das bases do réxime local, acordándose que mentres non se aprobara a normativa de desenvolvemento procederase á publicación dun resumo no BOP, "cousa que non se fixo nunca. É por isto polo que, Esquerda Unida presentará unha moción no concello de Nigrán, pedindo o cumprimento de dito acordo plenario".