Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion A resaca inconclusa

A resaca inconclusa

Fiz Vergara Vilariño

Correo-e Imprimir PDF

anxo_perritaCon certeza foi Fiz Vergara Vilariño o poeta máis desacougante de cantos lin. A penas teño algunha dúbida. Os versos que del afloraron sempre estiveron revestidos dunha implacable sinceridade, quizais pola complicada situación persoal que soportou ao longo da súa vida. “Un cervo ferido son/ anque ti non o saibas”, sentencias deste tipo abondan na súa obra e veñen demostrar o grao de franqueza que adoitaba adoptar. O innegable é a capacidade deste poeta da Louzara Xabreira para amordazar o noso alento, mesturando palabras aparentemente desgastadas e varridas polos tópicos con valioso léxico propio da súa terra, empregándoas a miúdo con extraordinario rigor. Basta con botar unha ollada aos seus poemarios “Poeta muiñeiro á deriva” ou “Nos eidos da bremanza” para comprobalo. Non obstante, non foron esas as obras que me decidiron agora a escribir sobre o gran Fiz. Houbo outra, se cadra máis peculiar.

A loita continúa

Correo-e Imprimir PDF

Lembrei aqueles poemas lidos anos atrás, se cadra ao comezar a carreira. Foi xusto despois de ler unha nova bastante inquietante que relacionaba a visita do Papa e a revista Retranca, quizais fora nunha desas tardes de facebook. A relación entre os poemas e a noticia non foi instantánea, nin máis que eu quixera, pero cando me decatei deles, coma cando un se decata dunha foto vella á que a penas atendemos, puiden saborear aquela manchea de versos unha vez máis, e non puiden máis que trazar un sorriso de lixeira preocupación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL