Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Desde a Paraguda

Desde a Paraguda

“As horas roubadas”. Retrato das mulleres na Transición.

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaRematei xullo lendo "As horas roubadas" de María Solar e sentín a necesidade de escribir estas liñas sobre unha novela que me conmoveu pola súa capacidade para retratar situacións dolorosamente reais.
Como a dominación, o maltrato psicolóxico da muller. María Solar achégase a ese maltrato que non adoita ser recoñecido e que sempre foi esquecido porque esa situación formaba parte do "normal", aínda que, na realidade, sexa unha situación de violencia extrema que acaba por anular a vítima. Unha vítima que non se considera tal ou que tarda un tempo infinito en comprender que esa é a súa situación e, cando por fin a asume, é xa unha muller maior, que perdeu a vida porque viviu a vida doutro sendo, literalmente, a súa escrava. Unha escrava con contrato. Contrato de matrimonio.
Diría que esta trama da novela é particularmente dolorosa. Non só porque é real, senón porque segue a selo.

O ano das letras para o poeta do pobo.

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaManuel María demostrou ... que se podía facer unha poesía exquisita sen perder o referente da realidade social e do país e a comunicación e a emoción que lle dá forza á palabra.” (López Foxo, “Regreso á poesía de Manuel María”, A Nosa Terra, 2005)      

Cando no ano 2005 comecei escribir a comunicación para o Congreso Manuel María: literatura e nación, coloquei á fronte das miñas estas palabras, por considerar que eran definitorias do poeta.

A man feminina

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaNon pretendo realizar un estudo en profundidade sobre a poesía xaponesa. Só colocar algúns espellos para capturar a súa luz afastada e poder iluminar a análise da escrita literaria das autoras, no Xapón, ou aquí. Ou deixar algúns vimbios cos que, quen quixer, poida compor unha cesta que nos acolla.

Recentemente volvín á poesía xaponesa. E foi a través da lectura das antoloxías de Carlos Rubio e Luísa Freire que me situei de novo diante do feito da creación literaria realizada polas mulleres.

Os elefantes de Riveiro Coello

Correo-e Imprimir PDF

marta dacosta"A morte soluciónao todo para quen falece pero para os que fican xorden grandes interrogantes"
Talvez esta afirmación da protagonista da última novela de Antón Riveiro Coello sexa, para min, a frase que mellor resume a obra. Porque Os elefantes de Sokúrov son unha viaxe ás fontes da memoria, unha especie de reconstrución dun crebacabezas en que, a medida que o lenzo final vai collendo forma, as pezas vanse singularizando e redefinindo, como se as vísemos por primeira vez.

Pobo e nada máis

Correo-e Imprimir PDF

marta dacostaO idioma é a chave

coa que abrimos o mundo

Estes dous versos acompáñanme de cote. Por iso adoito empregalos en unidades didácticas e obradoiros. En discursos, en conversas ou neste artigo. Con estes versos inicia Manuel María o poema A Fala. Dous versos que nos dan a clave de por que o vinte e cinco de xullo saímos á rúa. Porque é a través do idioma como nos situamos no mundo, como nos recoñecemos galegas e galegos e tomamos conciencia de que pertencemos a unha nación diferenciada que lexitimamente aspira á súa soberanía.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL