Xoves, 23 Oct. 2014

Actualizado08:17:26 AM GMT

Estás en Opinion Escolainas

Escolainas

Pedro e Rañolas

Correo-e Imprimir PDF

Véxoos alá, no fondo do patio, circulando por un lugar pouco doado para unha cadeira de rodas; son Pedro, o usuario, e Anxo, o que empurra. Pero eu chámolles Pedro e Rañolas porque sempre andan xuntos. Cando me decato do irregular do terreo polo que rodan berro, levantando a voz moito máis do que soe ser correcto nun profesor.

Paulo

Correo-e Imprimir PDF

Cando chego ao colexio sempre hai algúns cativos preto da porta de entrada cos que intercambio saúdos e, ás veces, algunha breve conversa. Hoxe está Paulo, de 1º curso, dos que acaban de inaugurar unha etapa da vida escolar, un salto ao descoñecido que os adultos, seguramente, non sabemos apreciar na súa verdadeira dimensión. Hai uns días estaba facendo un exercicio na súa aula cando foi reprendido suavemente pola profesora porque non estaba pondo o coidado debido; el escoitouna apraciblemente e logo comentoulle ao compañeiro de mesa:

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL