Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O pleno da Mancomunidade aproba unha moción para a mellora do servizo de transporte metropolitano

O pleno da Mancomunidade aproba unha moción para a mellora do servizo de transporte metropolitano

Correo-e Imprimir PDF
O pleno acordou solicitar a posibilidade de trasbordos entre distintas empresas.

O pleno da Mancomunidade celebrado o pasado luns, aproba por unanimidade unha moción presentada polo BNG para a introudcir melloras no servizo de transporte metropolitano realizado pola empresa concesionaria ATSA.

A moción foi levada adiante cos votos favorables do PP, BNG e CDL, ante a ausencia dos representantes do PSOE.

 

Os acordos alcanzados incluén solicitar á Dirección Xeral de Mobilidade que promova a realización dun Plan de transporte metropolitano da área de Vigo que mellore a comunicación dos diferentes concellos da comarca con Vigo e entre eles. Esixir á empresa adxudicataria o mantemento do actual servizo e solicitar á Direccións Xeral de Mobilidade que se pronuncie no mesmo sentido. 

Noutro puntos tamén se acordou que a Mancomunidade de Concellos do Val Miñor promova a creación, con carácter de urxencia, dunha comisión entre a propia Mancomunidade, a Dirección Xeral de Mobilidade e as empresas, co fin de realizar un plan de transporte do Val Miñor que mellore a situación actual e que recolla, entre outras medidas, a inclusión de novos itinerarios, paradas, solución da situación actual de traxectos con Vigo, etc.

Billete único e melloras nas tarifas

Outros dos puntos acordados afecta directamente ao bolsillo dos usuarios, algo que podería ser visto como un incentivo de cara a incrementar o uso do transporte colectivo. Por iso os representantes políticos acordaron solicitar o compromiso de negociar e impulsar o uso dun billete metropolitano que permita realizar transbordos entre diferentes liñas, da mesma ou diferentes empresas, no ámbito da comarca de Vigo e no tocante ás tarifas solicitaron que a Mancomunidade negocie coa empresa concesionaria tarifas reducidas para usuarios habituais, estudantes, persoas xubiladas, etc, procurando as vías necesarias para garantir o apoio económico a esta medida.