Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O PP vota no parlamento galego a favor da reducción das frecuencias de ATSA

O PP vota no parlamento galego a favor da reducción das frecuencias de ATSA

Correo-e Imprimir PDF
Empresa ATSA presta o servizo de transporte público entre o Vla Miñor e Vigo

- O PP admite no parlamento galego que permitirá a ATSA reducir un 35% as liñas no Val Miñor.

- Esta afirmación do deputado popular Alejandro Gómez Alonso, contradí totalmente o discurso dos alcaldes de Nigrán e Gondomar que sostiveron nos seus respectivos plenos que non admitirían unha redución de ningún tipo.

- A deputada Carme Adán (BNG) encargada de levar proposta non de lei ao parlamento galego , acusou aos populares de practicar o dobre discurso, "pois din unha cousa nos concellos que gobernan (Baiona, Gondomar e Nigrán) e “logo no parlamento fan o contrario”.

A Xunta permitirá a ATSA reducir as quendas.

A Xunta de Galicia permitirá unha redución dun 35% do transporte público no Val Miñor con base nas quendas estruturadas ata o pasado mes de setembro.  Así o admitiu este xoves en comisión parlamentaria o deputado popular Alejandro Gómez Alonso, no debate dunha proposta da deputada Carme Adán (BNG) que pretendía  con carácter urxente, restablecer a totalidade dos servizos co que contaba a bisbarra antes da redución unilateral do 50% aplicada pola empresa ATSA.

O BNG propón unha solución de “mínimos” para solucionar o illamento miñorano.

Presentada como unha proposta de “mínimos” que resolvera con urxencia o illamento que está a sufrir a poboación miñorana  usuaria do transporte público, Adán pretendía o restablecemento das quendas vixentes ata o 1 de setembro. Para logo diso “comezar a traballar nun plan metropolitano de mobilidade”. A súa proposta logrou o apoio dos seus pares de AGE e do PSOE 

Unha proposta de "minimos" da deputada Carme Adán (BNG)

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

O voceiro popular admite que a Xunta permitirá unha redución de ata un 35% do servizo.

Cando chegou a quenda do portavoz popular, este presentou unha enmenda a prol de esperar a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade que ten a estudo a demanda de redución de servizos plantexada por ATSA, ao mesmo tempo que dixo, “pondera” as demandas dos veciños. Neses senso, adiantou que o goberno popular non permitirán unha redución “superior ao 35%” dos servizos estipulado no convenio coa empresa concesionaria. Matizou que ningunha zona quedará  “abandonada” de transporte público, por mor da devandita “moderación” nas quendas. Por outra banda, afirmou que segue en estudo e tramitación unha sanción a ATSA pola decisión unilateral de reducir o servizo de Gondomar nun 50% o pasado mes.

Gómez Alonso culpa ao alcalde de Vigo dos problemas de transporte do Val Miñor.

Para o deputado popular, a única vía de solución é a implantación dun plan metropolitano con billete único como xa se aplica na Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo. Mais teimou na necesidade de que Abel Caballero, alcalde de Vigo, deixe de pór “paus nas rodas”, e asuma “as súas responsabilidades” como concello cabeceira.

Aínda que adiantou que a Xunta non permitirá que ATSA faga “xustiza pola súa man”, e seguirá adiante o expediente sancionador, Gómez Alonso, dixo que débese ter en conta á hora de decidir, a situación de crise económica e a redución de usuarios así como o perigo de levar á empresa ao peche de non tomar en conta a súas demandas. Polo que amosou a vontade de “moderar” as quendas establecidas no convenio orixinal.

 

Intervención do deputado popular Alejandro Gómez Alonso

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

Adán acusa ao PP de facer un discurso nos concellos e o contrario no parlamento.

Pola súa banda, Carme Adán acusou aos populares de ter un dobre discurso. Nos concellos afectados, tamén gobernados polo PP  “din unha cousa e logo no parlamento fan o contrario”, afirmou. Agregou que a Dirección de Mobilidade leva xa 4 meses co tema na mesa sen dar unha solución aos usuarios, e por riba dende a Xunta propón a creacións de máis vías de alta capacidade na bisbarra, en alusión á prevista no PXOM de Nigrán.

Alertou que a redución das quendas a un 35% non fai máis que agravar os problemas de mobilidade no Val Miñor e afondar a crise de usuarios ao desmotivar  o uso do transporte público. O que implica, en opinión da deputada nacionalista, unha clara política a prol do uso do vehículo particular, “máis gasto económico e  máis gasto ecolóxico”, sinalou.

Logo de insistir nas pésimas condicións na que se atopa este servizo no Val Miñor (imposibilidade de viaxar á Universidade, nin liñas directas Gondomar - Baiona, escaso transporte polo centro de Nigrán, demoras de 2 horas en cada servizo de Gondomar), a deputada ironizou “que ao respecto do Partido Popular fico máis tranquila porque sábese que está impoñendo a doutrina Montoro. Non hai un decrecemento salarial senón unha moderación da súa subida. Non hai unha redución das liñas de transporte senón unha moderación das súas frecuencias”.

Rèplica da deputada Carme Adán (BNG) a Gómez Alonso (PP)

Dim lights Embed Embed this video on your site