Un ano máis, este outono, a partir do sábado 25 de outubro, celebraráse en Gondomar a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño, na súa edición de 2008. Continuando o compromiso desta vila coa cultura galega, expresado na súa pertenza á Rede Galega de Teatros e Auditorios, e coa colaboración da AGADIC (anterior IGAEM), a Xunta de Galicia e Caixanova, as mellores compañías de teatro de Galicia volverán a pisar as táboas de Gondomar.
A Concellaría de Cultura e o Concello de Gondomar, convidan a todos os cidadáns de Gondomar, Val Miñor, e afeizoados ó teatro en xeral, a asistir á festa das artes escénicas, que celebraremos durante seis sábados continuos no Auditorio Municipal Lois Tobío.
A programación será a seguinte:
- Sábado 25 de Outubro
TEATRO DO ATLÁNTICO: A bombilla máxica
- Sábado 1 de Novembro
ENCENA PRODUCCIÓNS: Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart
- Sábado 8 de Novembro
LAGARTA LAGARTA: Aeroplanos ( patrocinada por Caixanova)
- Sábado 15 de novembro
FULANO, MENGANO E CITANO: Arte
- Sábado 22 de Novembro
NUT TEATRO: 4.48 psicose
- Sábado 29 de Novembro
COMPAÑÍA BACANA : Hendaya mon amour
******************
No Auditorio Lois Tobío, ás 22: 30 h
Entrada: 3 euros
Venda: 2 horas antes de cada función, en taquilla
+ info: 986 363 913