Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño

Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño

Correo-e Imprimir PDF

Un ano máis, este outono, a partir do sábado 25 de outubro, celebraráse en Gondomar a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño, na súa edición de 2008.  Continuando o  compromiso desta vila coa cultura galega, expresado na súa pertenza á Rede Galega de Teatros e Auditorios, e coa colaboración da AGADIC (anterior IGAEM), a Xunta de Galicia e Caixanova, as mellores compañías de teatro de Galicia volverán a pisar as táboas de Gondomar.

A Concellaría de Cultura e o Concello de Gondomar, convidan a  todos os cidadáns de Gondomar, Val Miñor, e afeizoados ó teatro en xeral, a asistir á festa das artes escénicas, que celebraremos durante seis sábados continuos no Auditorio Municipal Lois Tobío.

A programación será a seguinte:

  • Sábado 25 de Outubro

       TEATRO DO ATLÁNTICO:   A bombilla máxica

  • Sábado 1 de Novembro

 ENCENA PRODUCCIÓNS:  Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart

  • Sábado 8 de Novembro

       LAGARTA LAGARTA:  Aeroplanos  ( patrocinada por Caixanova)        

  • Sábado 15 de novembro

 FULANO, MENGANO E CITANO: Arte

  • Sábado 22 de Novembro

 NUT TEATRO: 4.48 psicose

  • Sábado 29 de Novembro

       COMPAÑÍA BACANA : Hendaya mon amour

 

******************

No Auditorio Lois Tobío, ás 22: 30 h

Entrada: 3 euros

Venda: 2 horas antes de cada función, en taquilla

+ info: 986 363 913