No marco da Semana Cultural que está a celebrar o Centro Cultural de Peitieiros na parroquia, será presentado un vídeo con motivo de celebrarse o 20º aniversario do grupo Ecos e Agarimos. O acto terá lugar este mércores 21 de agosto ás 20:30h no local do Centro.
A Semana Cultural continuará con Xerado Santomé que falará do seu libro Treboada Galega e o grupo Os Carunchos que presentarán o seu disco E ti que?
Finalmente o sábado 24 dará comezo o XX Festival Folclórico Internacional.