Audición musical do IEM no Pazo do Conde de Gondomar coa dirección de Manuel López Benito.

Imprimir
pazo-do-conde

O vindeiro xoves de agosto 21 ás 20:00 horas no Pazo do Conde de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración cos ESCENARIOS MUSICAIS dirixido por Manuel López-Benito organiza unha audición na que se pretende xuntar a divulgación da Música Clásica coa emoción de escoitala en espazos de relevo histórico.

ESCENARIOS MUSICAIS é unha iniciativa cultural enfocada á divulgación da Música Clásica facendo que esta soe e se explique fóra das grandes salas de concerto ou dos teatros da ópera. Á súa vez, pretende levar a música a escenarios onde, pola súa importancia histórica, artística ou simplemente lúdica, consigan que ao pracer de escoitala se una o deleite e a emoción que os devanditos espazos provocan.