Así era o petróglifo do Chan ou mar de Rapadouro, estragado na parroquia de Chandebrito e denunciado hoxe pola Asociación "Chandebrito 1807".
A cámara de Angel de Padro, membro do Clube Espeleolóxico Maúxo, recollía así estas imaxes espectaculares destes gravados castrexos.
Localízase nunha planicie coñecida como Mar ou Chan de Rapadouro, á beira esquerda da pista que desde o colexio ubicado na zona, intérnase no monte cara o noroeste.
O que por sorte non puideron rachar os canteiros da época, que non terminaron de partir a pedra para levala pero que deixaron sen embargo a súa pegada nesta rocha que a cruza de parte a parte, puideron conseguilo os "vándalos" que repicaron parte deo gravado nestes días..
As rochas próximas presentan abundantes pegadas de cantería sendo probable que desaparecesen máis gravados.
Este é o estado que presenta actualmente logo da agresión ao gravado.