- UNICEF alerta no seu último informe que un 27,5% dos nenos e nenas viven en situación de risco de pobreza.
- Os ingresos das familais españolas quedan mesmo por derás dos de Grecia segundo o informe presentado.
- A recesión económica vai ligado a un problema de descenso da natalidade, o que a largo prazo acuciará o problema demográfico que actualmente presenta Galicia cunha poboación cada vez máis envellecida e onde 250.000 mozos e mozas foron abandoron o país na procura dun futuro.
Mentras a actualidade da comarca énchese de títulares sobre os maiores gastos en obra pública de toda a lexislatura, nesa particular "carreira contrareló" á que xa nos teñen acostumados as administracións locais e provinciais de cara ás eleccións municipais; un problema máis grave e menos visible segue a agromar no seo de moitas familias do Val Miñor, e sobre o cal ningunha administración local nin provincial saiu ao paso para apostar frontalmente na búsqueda dunha solución ou na axuda directa ás maltreitas economías familiares.
UNICEF segue arroxando datos preocupantes sobre a desprotección dos menores en España e a pobreza nas familias. Os datos dos informes UNICEF e Cáritas chocan frontalmente coas negativas do goberno de España e mesmo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo que negan insistentemente problemas de nutrición infantil e gábanse dos incrementos orzamentarios en materia de protección e insercción social.
O último informe de UNICEF "Los niños de la recesión. El impacto de la crisis económica en el bienestar infantil en los países ricos" presentado en Roma, arroxa datos sobre a situación das familias con fillos en España, onde apuntan a unha perda de capacidade económica equivalente "a dez anos de esforzo e progreso".
O informe alerta que esta perda de pontecial vai ligada a outro problema acucienten en Galicia, o problema demográfico. UNICEF sinala que as taxas de fertilidade retardáronse por primeira vez en dez anos e que en parte, débes "a que a mocidade adulta posterga a formación dunha familia por mor da situación económica".
UNICEF recalca que nos paises máis castigados pola recesión, "os nenos son os que máis sofren as consecuencias e os que as padecerán por máis tempo".
España, terceiro país con maiot pobreza infantil.
O informe situa a España como o terceiro país con maios pobreza infantil en termos relativos, só por detrás de Grecia e Letonia, e con máis de 3 millóns de nenos e nenas con carencias materiais graves fronte aos 2,2 millóns de fai catro anos.
Entre 2008 e 2012 a pobreza infantil en España pasou dos 28,2% ao 36,3% convertendo a España no sétimo país no que máis creceu a pobreza infantil, según os datos de UNICEF.
A dieta dos menores.
Os fillos de pais desempregados ou con baixos infresos sofren cambios na dieta, eliminación de actividades extraescolares e dificultades para adquirir material escolar, ademais de render menos na escola, sufrir tensión e padecer humillacións ante os compañeiros de clase.
As prestacións de axuda familiar resultan insuficientes.
O informe destaca que as prestacións familiares reducíronse en varios países e que en España e Irlanda as demandas de medidas de axuste económico limitaron a marxe de acción e provocaron que se deixase de lado aos nenos xusto cando os indicadores de pobreza comezaban a dispararse.
A Xunta de Galicia admitía en xuño retrasos de até catro meses para a tramitación das rentas de integración social de Galicia (RISGA) para as familias necesitadas.