Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia

Temor a que desapareza a vespa galega ao confundirse coa vespa asiática

Correo-e Imprimir PDF

vespaautotonaeinvasoraA chegada da temida vespa asiática (Vespa velutina) está a poñer en risco poboacións da vespa autóctona ( Vespa crabro) coa destrución dos seus niños. Unha situación á que se chega pola confusión de ambas as dúas especies.

 A presenza da vespa galega é un mecanismo de control natural da invasora asiática, coa que compite, segundo apunta a organización ecoloxista Adega. "A loita contra a rápida extensión da vespa asiática en Galiza, que xa está presente en moitos concellos costeiros de Lugo, A Coruña e Pontevedra e avanza cara o interior, estase a cobrar unha vítima colateral. Trátase da vespa galega, moitos de cuxos niños están a ser destruídos confundidos cos da velutina, malia a existiren claras diferenzas", apunta.

As Perseidas: Observando desde #Galicia

Correo-e Imprimir PDF

3500868443 4aa5f71e53As "Bágoas de San Lourenzo", xa están a caer. Mais a súa maior exposición será a partir da noite do 11 de agosto. No Val Miñor están previstas observacións conxuntas e guiadas por expertos o martes no Castro de Chandebrito e o venres na Serra da Groba. Mais o espectáculo é posible de seguir dende calquera recuncho do pais. VM.info falou con Pablo Martínez Alemparte, membro da Agrupación Astronómicas Rías Baixas e colaborador habitual no eido astronómico.

As Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo: unha festa que celébrase no firmamento.

Correo-e Imprimir PDF

PerseidaComo cada ano, o mes de agosto tráenos unha desas citas co ceo nocturno en forma dun fenómeno que popularmente coñecemos como "choiva de estrelas fugaces".

As choivas de meteoros prodúcense cando a Terra na súa órbita arredor do Sol, atravesa un tubo meteórico ou zona repleta de pequenas partículas (meteoroides), cuxo tamaño non adoita superar o dun gran de area ou mesmo menor e que foron liberadas por un cometa en sucesivos pasos anteriores. Cando unha destas partículas, que formaron no seu día a cola do cometa, entra na atmosfera terrestre, a fricción quéntaa ata vaporizala a gran altura (uns 100 km). Durante uns segundos, a partícula brila de forma intensa e precipítase a través da atmosfera terrestre dando lugar ao fenómeno que coñecemos como meteoro ou "estrela fugaz".

Anuncian proxectos de recuperación, divulgación e turismo nos castelos e castros da provincia de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

castro-de-santa-tegra-vistaA Deputación anuncia proxectos de recuperación e divulgación dos xacementos arqueolóxicos da provincia.
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o proxecto de recuperación dos xacementos arqueolóxicos da provincia cun grupo de arqueólogos e traballadores cos que o deputado Santos Héctor mantivo unha reunión a semana pasada. Serán 18 os castros intervidos no proxecto de recuperación dos xacementos arqueolóxicos da provincia.
Á vez, a presidenta provincial Carmela Silva manifestou a necesidade de promover os castelos da provincia de Pontevedra. Silva, xunto ó deputado Carlos López Font, fixo onte un percorrido para coñecer as instalacións do castelo de Soutomaior, que depende da Deputación.

Cun emisor satelital científicos monitorizan a viaxe transatlántica dunha tartaruga rescatada en #Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

rostroNeste mes de viaxe nas augas abertas "Rostro" (o nome da tartaruga) percorreu 600 km, unha media de case 9 km/día, chegando a áreas mariñas oceánicas onde se superan os 4000 metros de profundidade e mesmo aos arredores da montaña submarina do Banco de Galicia.

As costas de Galicia supoñen un paso oceánico no camiño das tartarugas mariñas que procedentes das áreas de cría do Caribe se distribúen polo Atlántico ao longo da súa longa vida, para voltar a reproducirse nas praias de orixe.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL