Venres, 10 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Aberto o prazo para acollerse á bonificación do 15% na tarifa da auga para familias numerosas en Baiona.

Aberto o prazo para acollerse á bonificación do 15% na tarifa da auga para familias numerosas en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
grifo credito-300x294

As familias numerosas deberán presentar durante o mes de xaneiro unha solicitude ante o Concello de Baiona, a fin de acollerse o 15% da bonificación, establecida na normativa que regula a taxa por prestación de servizo de abastecemento de auga.

 

Para ter dereito á redución os interesados deben presentar, no rexistro municipal solicitude acompañado de xustificante de título de familia numerosa, certificado de empadroamento no Concello e fotocopia do recibo do servizo de auga do último trimestre.

A pesar de que nestes momentos a falta de auga non é un problema para os baioneses, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, lembrou aos veciños " ser austeros no consumo", xa que "a auga é un ben escaso e xa que logo faise necesario un uso responsable da mesma".

Tamén sinalou que coa entrada en vigor dos novos mínimos de consumo, este mes, preténdese "premiar o aforro e penalizar o abuso". Desde o concello aclárase "que a súa aplicación non suporá unha subida nas tarifas, é a mesma que se aplica desde 2008, se non que se implanta unha medida máis xusta tanto para o uso doméstico como para empresas e establecementos de hostalería."

Na Ordenanza contémplase a redución á metade dos mínimos de consumo en todos os usos:

a) Uso doméstico, redúcese o mínimo trimestral á metade é dicir a 30 metros cúbicos, actualmente o mínimo é de 60. Isto suporá, segundo cálculos da administración, un aforro de 4, 80 euros por trimestre.

b) Usos industriais, comerciais e auga de obra: redúcese a 60 metros cúbicos/trimestre, actualmente é de 120.

c) En hostalería, redúcese o mínimo, que actualmente está situado nos 195, aos 60 metros cúbicos/ trimestre.