Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A bicarse sen medo! O alcalde de Baiona rectifica e retira o control de actos "obscenos" na vía pública.

A bicarse sen medo! O alcalde de Baiona rectifica e retira o control de actos "obscenos" na vía pública.

Correo-e Imprimir PDF
beso-blanco


O alcalde Jesús Vázquez Almuíña rectifica e quitará as referencias aos actos "sexuais" ou "obscenos", do texto de modificación da Ordenanza de Convivencia Cidadá proposta para o vindeiro pleno. A incerteza sobre o tipo de actos sobre os que podería penalizarse e a morea de reaccións contrarias que provocou a publicación da iniciativa, fundamentalmente nas redes, foi motivo suficiente para que a petición do grupo municipal socialista, o rexedor aceptará quitar calquera referencia ao termo do texto do acordo. A portavoz do PSOE Baiona, Isabel Domínguez, que foi quen deu a alarma sobre a existencia desta iniciativa de cara ao pleno, felicitouse da actitude do alcalde "Rectificar é de sabios", dixo.

O texto orixinal, presentado polo PP estaba baseado nunha reclamación da Asociación de Veciños do Casco Histórico de Baiona. Nela, solicitábase unha modificación da Ordenanza, agregando un novo artigo (Nº43) que no seu primeiro punto pedía penalizar "todo tipo de actos sexuais e obscenos na vía pública ou no interior de vehículos que se atopen en calquera lugar espacio público , sempre que ditos actos trascendan ou se perciban desde calquera ámbito público."

Os socialistas presentaron ao alcalde as súas críticas durante a Comisión Informativa do Pleno. Salientaron as dificultades que tería a aplicación desta ordenanza, onde cada policía debería dende a súa perspectiva xulgar que cousas son ou non "obscenas". "A obscenidade a determina a moral", afirmou a concelleira Domínguez. "Non é o mesmo par un católico que para un non crente. E o que pode ser obsceno para unha persoa maior non o é para un novo. " "É obsceno facer topless?, é obsceno un bico? e se ese bico é entre persoas do mesmo xénero?"

Finalmente a modificación se levará ao pleno sen este primeiro punto do artigo 43, e a normativa centrarase nos casos de exercicio da prostitución ou a contratación de servizos sexuais.