Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello de Baiona continúa co trámite de expropiación da Casa de Teresina.

O Concello de Baiona continúa co trámite de expropiación da Casa de Teresina.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Baiona continúa co trámite de expropiación da Casa de Teresiña, histórica finca do século XVII, localizada a carón da casa consistorial e propiedade de dona Mercedes Álvarez Acal. Trala aprobación no pleno do pasado 21 de agosto, do expediente de expropiación, o Boletín Oficial da Provincia publica este luns 1 de setembro, a relación dos bens afectados, en dúas parcelas próximas aos 633 m2, segundo estimacións municipais.


Segundo datos aportados no debate plenario, a administración de Jesús Vázquez Almuíña ten taxada o inmoble nunha cifra próxima aos 397 mil euros. Cifra que a propietaria non acredita como válida, máis esgotada a vía municipal, agora deberá enfrontar as intencións expropiatorias do concello no ámbito xudicial. Por outra banda, será o Xurado de Expropiación de Galicia o encargado de fixar o prezo final da parcela.