Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Internas no PSOE de Baiona: “é hora de abrir o partido á sociedade baionesa”.

Internas no PSOE de Baiona: “é hora de abrir o partido á sociedade baionesa”.

Correo-e Imprimir PDF

A Executiva da Agrupación Socialista de Baiona acordou abrir un proceso aberto a toda a militancia para a elección do candidatos e candidatas ás vindeiras eleccións municipais. Sinalan que esta convocatoria está enmarcada "no espírito de primarias no que está inmerso o Partido Socialista". O proceso estará aberto a toda a militancia e simpatizantes do concello, sinala un comunicado da agrupación.

O voceiro da executiva, Rafael Lores, sinala que "é a hora de abrir o partido á sociedade baionesa e que as decisións importantes deben ser consensuadas entre todos". Engade que Baiona "necesita de moito consenso social para poder superar esta profunda crise na que estamos inmersos e a agrupación socialista quere facer participes a militantes e simpatizantes da eleccións das persoas e das propostas que se presentaran as vindeiras eleccións municipais"
Os socialistas informan que están a traballar nun calendario no que se secuenciarán as distintas actuacións "que concluirán ca elección do/da candidato/a e a concreción das propostas do Partido Socialista para o noso concello".
.