Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona 8 anos dende a gran inundación en Sabarís

8 anos dende a gran inundación en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Google inmortaliza as imaxes das inundacións de 2006 en Sabarís

22 de Outubro de 2006, unha data marcada xa na historia da vila.

Despois dos devastadores incendios do verán dese ano, os montes da comarca quedaban cubertos nun manto de cinsas e as árbores que facían de suxeición das terras, quedaban mortas e deixaban libres á mercé da choiva toneladas de terra que baixaron monte abaixo coa chegada do primeiro temporal de choivas na vila.

A conxunción das choivas, a marea alta e o pescozo de botella que supuña a desembocadura do río Groba na Foz do Miñor crearon "a tormenta perfecta" para o desastre, un dos máis devastadores que os veciños lembran na historia recente da vila.

Frigoríficos, sofás e coches flotando, locais e casas anegadas, garaxes sumidos baixo a auga. Ese era o escenario que Sabarís recollía na mañá do 22 de outubro ante a mirada de impotencia e medo pola voracidade e forza da auga. 

As imaxes das cámaras da TVG dende unha casa situada nas inmediacións do colexio de Sabarís quedaron gravadas no maxín de moita xente. Bombeiros ao refuxio nada casa mentres observaban impotentes a baixada da auga que literalmente "cabalgaba" río abaixo con ondas de máis de dous metros de altura.

Cuantiosos danos materiais e familias desaloxadas.

Ese foi o balance da riada, importantes e cuantiosos danos en baixos comerciais, interiores de vivendas, muros, instalacións de gaséollo calefacción, ....e numerosos coches dados de baixa como "sinistro total" afundidos nos garaxes dos edificios que requiriron da instalación de bombeos durante varios días para poder acceder ao seu interior.

Varias familias re aloxadas nos hoteis da vila, ante a imposibilidade de acceder ás súas casas á espera das peritaxes dos seguros, desbordados polos sinistros que aconteceron na mesma data en Cee e Vilagarcía de Arousa. Moitas destas familias non volveron aos seus fogares ata pasadas as datas do nadal.

Logo dos feitos, a Xunta de Galicia do extinto bi-partito puña en marcha as obras de ampliación do canle do río Groba. O custe do proxecto próximo aos 2 millóns de euros supuña aumentar o canle do río até os 10 metros, expropiación de 18 fincas contiguas, reposición dos muros de contención con pedra e desdobramento na Foz habilitando unha segunda vía de desaugadoiro directo para que non supuxera un tapón para as augas do río.

Un ano máis tarde o río volvía a desbordar pero as consecuencias xa non foron tan desastrosas e afectaba só mentes as inmediacións da praza de abastos e a praza de Cadaval.

Veciños e veciñas recordan as inundacións do 2006 como as peores e as máis devastadoras.

VIDEO