Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona: Corte de tráfico rodado na contorna do cruceiro da Santísima Trinidade dende o martes

Baiona: Corte de tráfico rodado na contorna do cruceiro da Santísima Trinidade dende o martes

Correo-e Imprimir PDF
cruceiro trinidad

O Concello de Baiona procederá á substitución do pavimento de pedra da contorna do cruceiro da Santísima Trinidade. Debido á necesidade de utilización de maquinaria pesada, será necesario o corte do tráfico rodado a partir deste martes 9 de decembro ata o final da obra, segundo o bando emitido pola alcaldía.


Os usuarios que desexen acceder á urbanización El Bosque ou Illas Estelas poderán facelo a través da rúa Boa Vista, cuxa circulación en ambos os dous sentidos foi permitida.