Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Actos relixiosos da Semana Santa no concello de Baiona.

Actos relixiosos da Semana Santa no concello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
casco_vello_baiona_WinCE

O luns, martes e mércores, ás 19:30, na ex colexiata de Santa María celebrarase o Triduo ao Santo Cristo. O Xoves Santo ás 16:00 horas celebrarase na capela do convento das Madres Dominicanas a misa da institución da Eucaristía. Dúas horas despois (18:00 horas), unha nova eucaristía esta vez na ex colexiata. Ás 20:30 da capela da Misericordia sairá a procesión dos Pasos, organizada pola Santa Casa de Paz e Misericordia. Seguidamente Miserere na ex colexiata e na Praza do Concello actuación do Coro de Homes "Voces Baionesas". Este mesmo xoves, a partir das 23:00 horas, dará comezo a vixilia e a adoración nocturna.

O Venres Santo día 22, os actos darán comezo ás 11:00 horas, no convento das Madres Dominicanas. A esa hora terá lugar un concerto de música sacra a cargo do coro "Voces Baionesas". Ás 16:00 horas, no mesmo templo darán comezo os santos oficios coa Adoración da Cruz. Ás 18:00 horas os santos oficios celebraranse na ex colexiata ás 20:30 sairá da igrexa de Santa María a procesión do Santo Enterro e de novo o Coro de Homes Voces Baionesas acompañará cos seus canticos os pasos. Ás 23:00 horas sairá do mesmo templo a procesión da Soidade ás que asisten única e exclusivamente mulleres. Pregaria na Praza do Concello a cargo de Voces Baionesas.

l Sábado Santo, ás 20:00 horas no Convento das Mdres Dominicanas terá lugar a solemne Vixilia Pascual e ás 23:00 horas na ex colexiata.