Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Este domingo Sabarís énchese de arte. A Praza de Abastos troca en Mercado de Arte.

Este domingo Sabarís énchese de arte. A Praza de Abastos troca en Mercado de Arte.

Correo-e Imprimir PDF
Mercado-de-Arte_web

O próximo domingo 29 de maio celébrase unha nova edición do Mercado de Arte de Sabarís na Praza de Abastos da localidade baionesa. Por un día a praza mercado trocará en mercado de arte no que se amosarán e poderán mercarse obras de múltiples artistas miñoranos. O evento vai das 10 ás 21 horas e está organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabrís (COEMSA).

A cita atópase como unha ocasión ineludible para todas aquelas persoas da bisbarra ou da área metropolitana de Vigo que sexan amantes da arte. Os organizadores esperar superar a achega de expositores e visitantes do ano pasado. A mostra tamén permitirá contactar en persoa aos artistas. Dende a organización salientan a diversidade de obras e as amplas posibilidades económicas para adquirir unha obra de arte que ofrece este mercado.

A mostra contará con obras de artistas de recoñecida traxectoria, achegas de afeccionados, centros de formación da zona en múltiples disciplinas e do Instituto de Estudos Miñoranos.