Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O BNG organiza unha charla sobre os 10 anos da catástrofe do Prestige no Centro Neural de Gondomar.

O BNG organiza unha charla sobre os 10 anos da catástrofe do Prestige no Centro Neural de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O BNG organiza unha charla sobre a catástrofe do Prestige baixo o título de "Impunidade Nunca Máis", revisando o que aconteceu hai dez anos e a situación actual, no momento en que se está a desenvolver o xuízo pola catástrofe.

 

A Charla terá lugar este mércores 13 de decembro no Centro Neural de Gondomar ás 20:30 horas.

O faladoiro estará a cargo de Alfredo López, doutor en bioloxía e membro da CEMMA, entidade desde a que coordinou a asistencia aos animais mariños petroleados. Alfredo López é experto en cetáceos e doutorouse cunha tese sobre as poboacións destes animais na costa galega.

A charla estará seguida dun coloquio en que estarán presentes o portavoz da Comisión Xestora da Plataforma Nunca Máis, Xosé Sánchez, e o integrante da Plataforma Xabier Méndez.