Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Centro Neural de Gondomar acollerá unha charla coloquio sobre o autismo

O Centro Neural de Gondomar acollerá unha charla coloquio sobre o autismo

Correo-e Imprimir PDF
autismo

-Será o vindeiro xoves 25 de abril ás 19.30 horas

-No encontro participarán o psicólogo, Santiago Santos e a presidenta da Asociación Autismo Vigo, Esperanza Domínguez

O Centro de Información á Muller (CIM) de Gondomar en colaboración coa Asociación Autismo Vigo, organiza unha charla-coloquio para conmemorar este mes dedicado ao autismo.

O encontro terá lugar ás 19.30 horas no Centro Neural do municipio e contará coa participación do psicólogo da residencia O Salgueiro de Autismo Vigo, Santiago Santos e da presidenta da Asociación Autismo Vigo, Esperanza Domínguez.

A entrada é gratuíta e aberta para todo o público en xeral.