Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Últimos días de Nigrán Area

Últimos días de Nigrán Area

Correo-e Imprimir PDF

O recinto deportivo e de lecer Nigrán Area pechará as súas portas este fin de semana co torneo de vóley praia 4x4, que se disputará ao longo da xornada do sábado. Até entón, e até o domingo incluído, os bañistas poderán seguir gozando destas instalacións deportivas de forma gratuíta e nos horarios habituais.

As actividades de lecer para adultos e nenos tamén chegan ao seu fin. Mañá mércores entre as 11.30 e as 12.30 celebrarase a última sesión gratuíta de aerobic. Os máis pequenos poderán gozar dos talleres mañá, de 18.00 a 20.00 horas, dos talleres terrestres o xoves de 17.30 a 20.00 horas e dos acuáticos o venres, de 17.30 a 20.00 horas.