Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Comezan tres días de Festa Rachada na parroquia de Couso.

Comezan tres días de Festa Rachada na parroquia de Couso.

Correo-e Imprimir PDF
kogito

Unha ducia de conxuntos artísticos se darán cita a partir deste venres na Festa Rachada que durante tres días conmemorará as patronais de san Cristovo, na parroquia de Couso (Gondomar). Teatro, rock, ska, corais e bandas de música tradicional conforman a oferta cultural que veciños e visitantes poderán gozar totalmente de balde os días 25, 26 e 27 de xullo. Mentres esta carteleira de artistas de todo o Val Miñor dá lume á festa, a comisión veciñal encargarase da parte gastronómica cunha oferta de bocatas para todos os gustos e bebidas, todo a prezos populares.


Programa
25 de xullo: Día de Galicia
17 horas. Barafunda Teatro (Maxia, Teatro, Contacontos)
22 horas. Kogito (Ska feito na Galiza) / Medley Rock / Dj Coconut Selectah
26 de xullo: Día dos avós e as avoas
21 horas: Agrupación Musical de Vincios / Coro Tradicional Cantares do Brión / Irmandiños de Vinicos / Abóbriga / Ce Orquestra Pantasma
27 de xullo Día de San Cristovo
19 horas: Agrupación Musical de Belesar / Treboeiros da Muimenta / Teatro a Moura de Chaín
Oficios relixiosos
O venres ás 11 e sábado e domingo ás 12 horas terán lugar os oficios relixiosos na parroquia local.