Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A VIII edición do Festival Nigranjazz confirma a carteleira de artistas.

A VIII edición do Festival Nigranjazz confirma a carteleira de artistas.

Correo-e Imprimir PDF
Nigranjazz

O vindeiro sábado 9 de agosto a partir das 21 horas nun auditorio natural ás beiras da Foz da Ramallosa terá lugar a VIII edición do Festival Nigránjazz. A carteleira comprende unha primeira actuación dun trío integrado polo guitarrista lugués Telmo Fernández, con Phill Wilkinson en Hammond e José Gómez na batería. Ás 22 horas subirán ao escenario outro grupo holandés integrado polo saxofonista Maarten Hogenhuis, Thomas Rolff no contrabaixo e Joan Terol na batería. O festival rematará cunha Jam Session no Cafeciño ás 00:30 horas dirixida por Wilfried Wilde Trío.