Venres, 10 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A parroquia de Chaín bota andar a súa XVIII Festa do Xurelo a celebrarse o vindeiro domingo.

A parroquia de Chaín bota andar a súa XVIII Festa do Xurelo a celebrarse o vindeiro domingo.

Correo-e Imprimir PDF
chain

O vindeiro domingo día 3 de agosto a partir das 13:30 horas, no recinto de festas de Chaín (Gondomar) terá lugar a XVIII edición da Festa do Xurelo asado. Trátase dun evento gastronómico onde todos os pratos que se ofrecen xiran ó redor da estrela da festa: o xurelo.Poderase degustar á brasa acompañado de pan de millo, en empanada (de trigo ou millo), en tortilla e en croquetas, a prezos populares.

Por 7,5€ (6€ os socios do C.C. A Merced de Chaín) poderase degustar unha ración de croquetas ou tortilla, unha ración de empanada e un xurelo asado. Tamén se poderá adquirir individualmente racións de empanada de trigo (2€), ración de tortilla (2€), ración de croquetas de 6 unidades (1,50€) e ración de empanada de millo (2,50€). Todos os pratos poden solicitarse para desgustar na festa ou levar a domicilio.