Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda “Palestina: a terra das laranxas tristes". Faladoiro con Moncho Iglesias Míguez no IEM.

“Palestina: a terra das laranxas tristes". Faladoiro con Moncho Iglesias Míguez no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
moncho iglesias

O vindeiro xoves 14 de agosto ás 20:30 o profesor  Moncho Iglesias Míguez,  da Universidade An‐Najah, en Nablus, Palestina, desenvolverá un faladoiro baixo o título “Palestina: a terra das laranxas tristes”, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo Gondomar). 

Moncho Iglesias Míguez naceu en Vigo no ano 1974. Licenciado en Filoloxía Hispánica, na actualidade traballa na súa tese de doutoramento en Filoloxía Galega, comparando os contos de tradición oral galegos e palestinos. Profesor de lingua castelá na Universidade An‐Najah, en Nablus, atópase en Galicia dando aulas en Santiago, impedido de regresar a Palestina.

O título da conferencia inspírase nun conto do mesmo nome do escritor palestino Ghassan Kanafani. Sinala Iglesias, que a idea “é falar desa terra onde as laranxas, as olivas... crecen tristes. Crecen tristes porque teñen que ser abandonadas ou son mesmo expulsadas. Con todo, queda xente con vida para alimentalas e para crecer con elas. E iso é o que quero amosar: a xente viva e con ganas de vivir, a xente que conta, que fala, ou que talvez non ten voz e por iso me gustaría dárllela agora”.