Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Inscricións abertas para a Ruta Marítima do IEM: Baiona – Costa da Suavela coa guía de Xosé Lois Vilar.

Inscricións abertas para a Ruta Marítima do IEM: Baiona – Costa da Suavela coa guía de Xosé Lois Vilar.

Correo-e Imprimir PDF
barco-baiona-2

Están abertas as inscricións para participar da Ruta Marítima do IEM Baiona – Costa da Suavela a desenvolverse o vindeiro mércores 20 de agosto, con saída ás 21:15 horas. A ruta contará coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar, centrada nos postos de vixilancia, fachos, sentinelas e demais espazos que dende a antigüidade xogaron un papel estratéxico na defensa da costa galega. O prazo para anotarse vence este luns 18 de agosto ás 22 horas. Pasos para inscribirse na Xeira Marítima :

1)Abonar previamente a viaxe na conta do IEM 2080.5035.07.3040014164, de ABANCA (ex Novagalicia Banco). Importante: ao facer a transferencia ou depósito débese colocar "BARCO 20/08" no "Concepto".
2) Este abono deberá ser confirmado 48 horas antes da saída do barco ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 986360575 de luns a venres de 10 a 13 e de 18 a 22 horas.
3) Ao confirmar xa sexa por correo electrónico ou por teléfono, deberá darse o nome completo de todos os viaxeiros polos que se pagou. Indicar se algún é menor de 12 anos ou socio do IEM. Deixar un teléfono de contacto
Importante: Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra con estas condicións.
Prezos
Público en xeral : 12 euros.
Socios do IEM: 10 euros.
Menores de 12 anos: 10 euros
Nota: Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.
Lembramos que a Xeira marítima terá lugar o día mércores 20 de agosto e o punto de encontro será no porto de Baiona a partir das 20:30 horas para saír ás 21:15 horas.