Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Centro Cultural de Peitieiros convoca a unha xornada de observación astronómica na Paraguda.

O Centro Cultural de Peitieiros convoca a unha xornada de observación astronómica na Paraguda.

Correo-e Imprimir PDF
festival-observacion-astronomica-2

Este martes 19 de agosto ás 20:30 horas terá lugar unha xornada de observación astronómica en Peitieiros no marco da Semana Cultural que celebra esta parroquia de Gondomar. O punto de encontro será no cruce entre as pistas da Paraguda, Camiño de San Xulian e pista do Aloia.

Como chegar?
Para chegar débese subir ao alto de San Antoniño, estrada Gondomar-Tui. Xusto no alto entrar pola pista do Aloia, dirección Tui á esquerda e continuar uns 2 km pola pista de terra que é accesible. Chégase a un cruce das pistas mencionadas xusto cando se ve Prado.
Desde alí se continuará andando pola pista ata a Paraguda (1km), a 580 metros sobre o nivel do mar, onde se contemplará a posta do sol, ás 21:30 h. Posteriormente terá lugar unha merenda-cea (cada quen levará a súa), agardando á noite para poder apreciar as estrelas.
Cómpre levar roupa de abrigo, merenda, unha lanterna, un farrapo para sentar
ou deitarse no chan e coxín para quen precise.
A observación astronómica terá lugar entre as 22:30 e 23:30 horas, aproximadamente, para proceder ao descenso. A actividade está organizada polo Centro Cultural de Peitieros coa colaboración da Comunidade de Montes de Peitieiros.