Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Andaina pola Fraga de Oliveira: novo destino das Xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos.

Andaina pola Fraga de Oliveira: novo destino das Xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF
fraga-oliveira

O vindeiro mércores 27 de agosto terá lugar unha Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos  pola Fraga de Oliveira. O percorrido estará guiado por Xosé Ramón García, Xilberte Manso e Anxo Rodríguez Lemos , con quen visitarase unhas paraxes que están dacabalo dos concellos de Gondomar e Baiona, polas beiras do río da Groba, entre os lugares de A Granxa e Belesar en Baiona, e Abrullido e Oliveira en Gondomar. Deste último recibe o nome. O punto de encontro será no Mercado de Sabarís  ás 17:30 horas.

Preto de Baiona e Nigrán, ás costas das praias, mesóns e outros lugares de ocio, está  este “paraíso secreto” cos seus feitizos, arrolados polas cantigas de auga que burbullan nas fervenzas e as pozas dos regatos que dan no río da Groba.

Ruta con dificultade medio-alta.

A ruta ten unha dificultade medio-alta  sendo necesario levar pantalóns largos e calzado para cambiar pois algúns dos tramos implica atravesar regatos, que aínda que ten un caudal pequeno, o calzado vai mollarse. Flora, fauna e oito muíños comunitarios -patrimonio cultural da bisbarra- serán o centro desta visita.

 A actividade non require inscrición previa.

 Aproximación á Xeira

O bosque de ribeira ou ameneiral a visitar pode aparecer coma un contorno virxe ou ben conservado de antigo. De feito, sábese pola historia recente que non é así, e que a súa actual situación débese máis ben á perda de integración nos modos de vida tradicionais. Non hai nada que estes camiños eran percorridos no seu momento por burros e mulas que portaban o gran destinado aos moitos muíños que funcionaban, coas súas correspondentes canles, ou a fariña na que o gran se convertía.

Isto leva a poder atopar non só as especies vexetais máis habituais nos bosques de ribeira típicos, senón tamén con outras que proceden de antigos ou novos cultivos ou de comunidades vexetais próximas, como acontece cos eucaliptos (Eucalyptus globulus) ou cos carballos (Quercus robur) e castiñeiros (Castanea sativa)