Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Un acto cultural dará marco á presentación da Revista de Estudos Miñoranos Nº 12/13.

Un acto cultural dará marco á presentación da Revista de Estudos Miñoranos Nº 12/13.

Correo-e Imprimir PDF
web-revista-rem-12-13

O vindeiro venres 12 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a presentación do exemplar Nº 12/13 da Revista de Estudos Miñoranos. O acto, a desenvolverse na Aula de Cultura Ponte de Rosasa (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), contará coa condución de Xulián Maure, membro da Xunta de Goberno do IEM e coordinador da edición. Estará acompañado por Lara Barros Alfaro,  Xosé Lois Vilar Pedreira e Antonio Soliño Troncoso, en representación dos autores das investigacións e artigos contidos no libro . Durante a presentación terá lugar un concerto do músico Fernando Blanco,  quen interpretará un selecto repertorio de pezas da súa autoría. Haberá exemplares da revista á venda.

Índice temático da REM 12/13

-A Serra do Galiñeiro no Antropoceno (Xurxo Pérez – Pintos)

-O sistema tradicional de aproveitamento dos ponis atlánticos salvaxes nos montes da Groba, Morgadáns e Galiñeiro. Retos no século XXI (Laura Lagos Abarzuza)

-Repoboación forestal na Serra da Groba e conflitividade campesiña (Lara Barros Alfaro)

-Conservación da rede de muíños no curso do Río Vilaza (Rosa Mouriño Pérez)

-O arcediago de Miñor quedou sen cama. Sentenza contra unha loitosa en Baiona. (Xulián Maure Rivas)

-Escenas de caza nos petróglifos galego e portugueses (Xosé Lois Vilar Pedreira)

-A Antiga Casa – Escola de Chandebrito (Carlos Gómez Costas)

-Ángel Valverde Prado (1893-1965) (Antonio Valverde Alonso)

-Intuicións e reflexións, conversa con Silveiro Rivas

-Victoriano Taibo e Rosalía de Castro (Elvira Ribeiro Tobío)

-Orballo vermello (X Mourisca)

-As Novas do IEM (Álvaro Peralta Techera)