Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O principiño. Teatro en Baiona

O principiño. Teatro en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Hoxe venres ás 18h no auditorio de Baiona, o grupo de teatro independente Tranghallada porá en escea unha adaptación ao teatro negro do libro do Principiño. A daptación ao teatro negro feita por Tranghallada Teatro descrí­bese como unha peza única chea de maxia, minimalismo e chea de valores que envolve ao público nunha sensación de ingravided planetaria. Tranghallada ,con esta obra, foi galardoado co 1º Premio no Certame Galego de Teatro e 1º Premio a mellor obra adptada e feita en Galego no Certame Galego de Teatro.
Esta adaptación ao teatro negro da obra de Antoine de Saint Exupèry escenifica a primeira parte do relato da peregrinaxe planetaria emprendida polo Principiño para coñecer algo máis que o seu diminuto planeta. No seu percorrido polo universo, atópase con diferentes personaxes que habitan outros planetas: o home que é rei, o que é matemático, o vanidoso, o que se excede coa bebida, o que pasa a súa vida alumando unha farola, o home de negocios... Conta nas súas costas máis de 200 exitosas representacións por toda Galicia.