Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Presentación do libro Crónica rimada de Baiona e o seu mar

Presentación do libro Crónica rimada de Baiona e o seu mar

Correo-e Imprimir PDF
Xosé María Álvarez Blázquez

O Conxunto instrumental do CPI Covaterreña de Baiona interpretará tres pezas do seu último disco.
Co gallo do Día das Letras Galegas, este ano adicada ao empresario e arqueólogo Xosé María Álvarez Blázquez, cunha vida moi ligada a comarca, o Instituto de Estudos Miñoranos presentará este xoves o libro Crónica rimada de Baiona e o seu mar, na que se recolle a conferencia pronunciada polo homenaxeado, no ano 1964.

O acto terá lugar este xoves, 8 de maio, ás 20:30h. na Biblioteca Pública sita na rúa  Manuel Valverde nº 6 de Baiona . No acto tomaran a palabra o escritor e poeta Miguel Anxo Mouriño, traductor e editor do texto, e o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo, fillo do homenaxeado neste Día das Letras Galegas.

Intervirá tamén o Conxunto instrumental do CPI Covaterreña de Baiona dirixido polo profesor David Piñeiro que interpretará tres das pezas instrumentais que se recollen no CD Músicas de primavera que rematan de gravar.