Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Xeiras do IEM 2008

Xeiras do IEM 2008

Correo-e Imprimir PDF
Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este ano por séptimo ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor. Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado e conta coa colaboración de diversas institucións. O mércores 25 de xuño, primeira das xeiras do verán 2008: visita nocturna a Chandebrito



Tres ciclos de xeiras
 
Este verán preparamos xeiras en tres ciclos con diferente tipoloxía. Xunto as xa clásicas  rutas de sendeirismo por diferentes lugares do noso entorno que conforman o primeiro ciclo, atopamos as que recuperan as saídas nocturnas do pasado ano que tanto éxito acadaron. Esta vez por diferentes contornos: Chandebrito, Monte Tetón, Monteferro...

Un terceiro ciclo de xeiras son as que atenden arquitecturas con especial interese, xa pacegas tradicionais  ou relacionadas co xenial Antonio Palacios. Visitaremos así pazos de Nigrán ou Parada, así como as obras de Palacios en Panxón, Praia América ou Baiona (A Virxe da Rocha).

Grazas especiais nestas novas xeiras ao Concello de Nigrán, así como ás familias propietarias dos pazos de referencia.

Xeira a Chandebrito.

O mércores 25 de xuño, primeira das xeiras do verán 2008: visita nocturna a Chandebrito.
Punto de encontro ás 22,30 na Praza do Concello de Nigrán. Desde alí faremos un desprazamento en coche ata o pe do magnífico Castro de Chandebrito. Dominando o centro de núcleo antigo da parroquia, atopamos este poboado fortificado da Cultura Castrexa, propia dunha mal chamada Idade do Ferro, de fai uns 2.000 anos de vello.

 Estamos perante un dos mellores castros do Val Miñor, tanto pola súa situación xeográfica, como pola súa pedagóxica morfoloxía. O castro amosa dous niveis de claros de aterrazamentos, onde se asentaría o groso das vivendas, na súa maioría de planta circular. Entas aparecen delimitada por contundentes murallas, das que podemos un fragmento consolidado non fai moitos anos. Entre os materias recuperados no castro, atopamos cerámica castrexa con interesantes decoracións, así como materiais romanos, na forma de fragmentos de ánforas vinarias.