Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Cita nocturna do IEM para ver os petroglifos de Monteferro.

Cita nocturna do IEM para ver os petroglifos de Monteferro.

Correo-e Imprimir PDF

Despois das rotas adicadas a Chandebrito, Pazos do Val Miñor, Cotos de Chaín, obra de A. Palacios no Val Miñor e petróglifos de Monte Tetón, continúan as Xeiras que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos. A proposta de hoxe continúa coas saídas nocturnas, desta vez para visitar os petroglifos de Monteferro.

A cita terá lugar este Mércores, 6 de agosto de 2008 ás 22,30h e o punto de encontro será a oficina de Turismo do Concello de Nigrán sita en Gaifar.

Contará como guía ao arqueólogo e membro do IEM, Xose Lois Vilar

A visita percorrerá a beiramar de Monteferro, rica en nomes que lembran historias de naufraxios e accidentes mariños, en xeoloxía e mais en petróglifos. Coma nas outras visitas nocturnas, en especial as adicadas á petróglifos, é recomendable levar lanternas ou foques.