Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Festicultural Berra Nigrán os próximos 13 e 14 de agosto.

Festicultural Berra Nigrán os próximos 13 e 14 de agosto.

Correo-e Imprimir PDF

Os próximos dias 13 e 14 de Agosto celebrarase en Praia América (Nigrán), diante das pistas de tenis, o I FESTIVAL BERRA NIGRÁN, organizado pola asociación Berra Val Miñor.

Durante os dous días, a partir das 17:00 h, haberá espectáculos de percusión, malabaristas, novo circo, monologuistas, animación infantil, campeonato de futbito, cucañas... E tamén obradoiros de globoflexia, coiro, papiroflexia, reciclaxe de papel, postos de artesanía, e moitas actividades máis.

A partir das 10 da noite terán lugar os concertos. O mércores 13 actuarán os grupos The Gotxos Party de Nigrán e Vantroi, de México. O Xoves 14 será o turno de Soak, do Morrazo, Skacha de Vigo, Tiro na testa de Lalín e Dakidarría, de Nigrán.

Máis información   www.myspace.com/colectivoberra