Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Sondeseu plantou a Baiona polas deficiencias do escenario

Sondeseu plantou a Baiona polas deficiencias do escenario

Correo-e Imprimir PDF
{mosimage}O concerto de Sondeseu era un dos pratos fortes do verán no Concello de Baiona e con todo non se celebrou. ás once da noite do pasado domingo, os amantes da música folk esperaban a actuación do grupo no parque da Palma. Para a súa sorpresa alí non había máis nada que o de todos os días.

 O concerto que viña grazas a un acordo entre Caixanova e o goberno local suspendeuse «por causas alleas á corporación», segundo explica a concelleira de cultura do municipio. Esta opinión non coincide coa que mantén o grupo, que se exime de toda responsabilidade. O seu mánager solicitou con antelación unhas condicións técnicas concretas que non se lle concederon. Entre os requisitos estaban un escenario con plataforma homologada e seguro de responsabilidade civil e polo menos 120.000 watts de potencia. «O máximo que había eran un par de táboas. Actuar sobre elas era atentar contra a seguridade dos compoñentes», afirma o seu mánager.

Continúa na Voz de Galicia