Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O Concello de Santiago e Kalandraka convocan o IV Premio Compostela.

O Concello de Santiago e Kalandraka convocan o IV Premio Compostela.

Correo-e Imprimir PDF
Presentacin-4edicion-Premio-Compostelaweb

O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka convocan o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de febreiro de 2011 e o fallo do xurado darase a coñecer o 1 de abril, previo á celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da XI Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello de Santiago e Kalandraka.

 

O prestixioso artista italiano Roberto Innocenti (Florencia, 1940), ilustrador de obras como “As aventuras de Pinocho”, “A historia de Erika” ou “A casa”, e galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 2008, formará parte do xurado do certame.

 

Máis información e bases do concurso no seguinte enlace: prema aquí.