Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura FAKTORÍA K presenta o libro indio “La vida nocturna de los árboles”.

FAKTORÍA K presenta o libro indio “La vida nocturna de los árboles”.

Correo-e Imprimir PDF
La-vida-nocturna-de-los-rboles
Armando-libro_LibroArboresTara
Arumugam_Tara
Control-calidade_LibroArboresTara
La-vida-nocturna-de-los-rboles_int
Montns-pxinas_LibrorboresTara
  • Anterior
  • 1 of 6
  • Seguinte

A editorial FAKTORÍA K presenta o libro “La vida nocturna de los árboles”, de Arumugam e seu equipo de impresores artesans en Chennai (India). O texto considerado como unha obra selecta, única e especiais, chega á península a través dun acordo coa editora Tara Books. O libro de Arumugam coñecido co alcume Míster A é presentado en España no marco do Ano Internacional dos Bosques e como gañador do Premio Novos Horizontes na Feira Internacional do Libro de Boloña en 2008.

 

Presentación de “La vida nocturna de los libros” por FAKTORÍA K.

 

Distintas visións das árbores, representadas mediante intricados debuxos, enchen as páxinas deste marabilloso libro de arte da tribo Gond, afincada no centro da India. Como habitantes tradicionais dos bosques, os Gond cren que as árbores son o eixe da vida: durante o día, realizan un arduo traballo proporcionando sombra, acubillo e alimento. Pero pola noite, cando os visitantes diúrnos marchan, os seus espíritos luminosos revélanse en todo o seu esplendor. Para esta comunidade, os aspectos práctico, estético e espiritual da natureza son facetas inseparables.

A partir desta lenda hindú, este libro especial contén 16 representacións de árbores sagradas: figuras abigarradas, de trazos precisos e detallistas, figuras de animais que se camuflan no conxunto, chamativos contrastes cromáticos… En “La vida nocturna de los árboles”, as imaxes acompáñanse de textos poéticos ou mitolóxicos que invitan a coñecer o rico e valioso imaxinario desta tribo.

Esta homenaxe á natureza, impresa con tinta feita á man sobre papel negro, é obra dos tres pintores contemporáneos máis prestixiosos da familia Gond. Pertencen á mesma tradición, comparten o mesmo universo mítico e idéntico concepto da arte popular, pero cada un caracterízase por un estilo propio e unha personalidade creativa particular. Bhajju Shyam, un dos artistas máis afamados da tribo Gond, destaca polos seus coidados e intensos óleos. A súa obra, cada día máis recoñecida internacionalmente, expúxose nas principais salas de arte da India e de Europa. Durga Bai é unha artista nova que constantemente reelabora e reinterpreta a arte Gond ata rebasar os seus límites, creando obras de gran forza. Ram Singh Urveti é un brillante creador a quen moitos outros pintores Gond respectan pola súa técnica delicada, depurada e sofisticada. O seu traballo recrea un mundo de fantasía e metamorfose, que cobra vida cos seus detalles de formas viventes.

Cada páxina de “La vida nocturna de los árboles” é unha obra de arte única, cos seus propios matices e peculiaridades. Mr. A dirixe actualmente un grupo de 16 impresores e nos últimos anos contribuíu á produción de máis de 180.000 libros manufacturados, o que equivale a máis de 11 millóns de aplicacións de tinta. Traballan e viven en Chennai, como nunha comuna. E a culminación de cada proxecto de impresión celébrana de forma festiva, compartindo unha comida especial de confraternidade.

Dim lights Embed Embed this video on your site