Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Gondomar abre o prazo de inscrición para o desfile de comparsas de Entroido

Gondomar abre o prazo de inscrición para o desfile de comparsas de Entroido

Correo-e Imprimir PDF
A Concellería repartirá 5.700 euros en premios entre as agrupacións participantes.

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar ven de publicar as bases que rexen o tradicional desfile concurso de comparsas de Entroido, que este ano se celebrará o domingo 6 de marzo a partir das 16.00 horas. O departamento de Cultura informa ás agrupacións interesadas que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 25 de febreiro, ás 14.30 horas. Cada comparsa deberá estar formada por un mínimo de 20 persoas.

A Concellería de Cultura repartir un total de 5.700 euros en premios entre as mellores comparsas. A gañadora do concurso recibirá 1.000 euros. Outros 800 irán para a segunda clasificada e 600 para a terceira. A cuarta e quinta recibirán 400 e 300 euros, respectivamente. O resto de participantes recibirán 200 euros a modo de consolación. O xurado tamén premiará ás mellores carrozas, con 300, 200 e 100 euros respectivamente.

A inscrición farase nas oficinas de Cultura, na Casa da Cultura, en horario de mañá, ou ben a través do teléfono 986363913, ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo