Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Espazo Lectura convoca lectores para a cuarta edición de "Dar de ler coma quen dá de beber".

Espazo Lectura convoca lectores para a cuarta edición de "Dar de ler coma quen dá de beber".

Correo-e Imprimir PDF
 Anaír Rodríguez e Bieito Legaspi, organizadores da cuarta edición de

Aproxímase a cuarta edición da actividade Dar de ler coma quen dá de beber organizada pola Asociación Espazo Lectura. Unha sesión de lecturas en voz alta que celébrase anualmente con motivo da conmemoración do Día do Libro. Este ano, posto que o 23 de abril coincide con Semana Santa, o acto terá lugar o venres 29 de abril. Coma en ocasións anteriores os organizadores queren reunir arredor de 30 persoas nun espazo público para ler e escoitar as lecturas e celebrar así o Día do Libro. A organización invita a participar nesta iniciativa, polo que anima a persoas de tódalas idades a escoller un libro, preferiblemente en lingua galega, e seleccionar un fragmento para ler. As lecturas non deberán durar máis de 3 minutos (é importante cinguirse ao tempo). A sesión comezará ás 19:30h e rematará aproximadamente ás 22:00h, aínda que non é necesario estar presente durante todo o acto.

Os interesados deben comunicarse antes do luns 11 de abril a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou do número de teléfono 629365133, indicándonos ademais cal é o libro seleccionado. Para organizar máis facilmente o acto, deberá indicarse se se prefire ler entre as 19:30h e as 20:45h ou entre as 20:45 e as 22:00h.