Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Espazo Lectura bota andar "Gondomar, lendo para medrar" co fin de afondar a identidade lectora.

Espazo Lectura bota andar "Gondomar, lendo para medrar" co fin de afondar a identidade lectora.

Correo-e Imprimir PDF
Logotipo da campaña creado pola artista Lorena Fernández.

A Asociación Espazo Lectura acaba de lanzar a campaña "Gondomar, lendo para medrar", unha iniciativa ambiciosa e de longa duración co fin de obter a unión das forzas vivas do concello na procura de afondar unha identidade que xa ten pegada fóra das súas fronteiras: Gondomar= Lectura. A súa presidente Concha Costas fundamentou a iniciativa nos beneficios que como atractivo cultural e turístico ten para Gondomar esta imaxe xa proxectada no exterior que vincula á esta localidade do Val Miñor cunha sempre ampla axenda cultural caracterizada pola súa solidez e estabilidade.

O desafío "e comprometer a totalidade da sociedade neste proxecto" e para iso se está a buscar os apios das asociacións de veciños, os clubs deportivos e mais o sector empresarial. Os primeiros en dar resposta a esta iniciativa serán tódolos partidos políticos que se presentarán nas próximas eleccións de maio no concello. Seis propostas referidas á campaña achegou Espazo Lectura a cada candidato para que establezan os compromisos que poden asumir respecto a eles, ademais de incluílos nos seus programas de goberno. A invitación non deixa escapatoria pois pide ese compromiso tanto accedan ao goberno o como oposición: a tarefa es de todos, afirman.

Co relación á campaña Espazo Lectura pretende "que Gondomar se converta nun referente ineludible da lectura e dos libros, un referente para o que queremos comprometer a todo o tecido social do concello, de xeito que o lema represente a voz decidida e plural da súa cidadanía." Neste senso o lema "Gondomar, lendo para medrar" preséntase, acompañado dun logotipo, elaborado por Lorena Fernández, que se difundirá por Gondomar, pero tamén por toda Galicia a través das distintas actuacións da campaña.